Outdated documentation

The latest documentation was moved to docs.qfield.org

Mellorando Eficiencias en Mostraxe Ecolóxica utilizando QField

Por Ryan Bell, Consultor SIX, Consultoría Ambiental Delta-Simons

Obxectivo

Para levar a cabo mostraxes ecolóxicas máis eficientemente do que previamente se logrou mediante técnicas tradicionais non dixitais, utilizando QField coma un medio para capturas de datos de campo estandarizadas e flexibles.

Necesidades do Proxecto

Para facilitar un traballo de campo efectivo, precísase unha consulta regular co equipo de Ecoloxía para asegurar que os proxectos de QField se preparan adecuadamente. En primeiro lugar prepáranse os mapas base, comprendidos polas imaxes aéreas, e os plans de desenvolvemento propostos, xeorreferenciando e creando as pirámides en QGIS. As capas de puntos, liñas e polígonos créanse entón para apoiar a dixitalización e captura de datos asociada. Utilizando unha serie de widgets, personalízanse os campos de atributo para satisfacer as esixencias do equipo de Ecoloxía. Estes inclúen:

Estilo
lista despregable de estilos que se poden seleccionar á medida para levar a cabo mostraxes ecolóxicas
Escala
lista despregable de escalas seleccionables para entidades de puntos e liñas
Información
espazo para introducir unha descrición da entidade
Imaxe
localización para as imaxes que serán capturadas e almacenadas
Xeometría
contén valores da xeometría auto-calculados, ex: área, perímetro, lonxitude
Data e hora
rexistros de hora e data ás que unha entidade se creou/modificou por última vez
Figure 1 - Overview of the traditional workflow in ecological surveying at Delta-Simons compared with the workflow created using QField. Single-headed arrows indicate the direction of one-way communication, whereas double-headed arrows indicate two-way conversation.

Resultado

Delta-Simons está a aforrar aproximadamente o 40% do tempo consumido previamente pola tradicional captura de datos ecolóxicos de campo. QField mellorou significativamente o fluxo de traballo da mostraxe ecolóxica mediante:

  • Eliminar a necesidade de recrear saídas SIX de debuxos físicos
  • Reducir as correccións totais necesarias para os resultados SIX
  • Mellorando as canles de comunicación (ver Figura 1.)
  • Mellorando a precisión e calidade dos datos
Delta Simons