Outdated documentation
The latest documentation was moved to docs.qfield.org
Para abrir un proxecto, pulsa no botón Menú –> botón Opcións –> Abrir Proxecto.
Selecciona o proxecto que queiras abrir navegando ata el, ou utilizando os atallos Proxectos recentes e Directorios favoritos.
Na primeira xanela do selector de ficheiros, hai unha sección amosando os directorios preferidos. Para engadir un directorio ós favoritos, premer moito tempo no selector de ficheiros no nome do directorio. Para eliminar unha entrada dos favoritos, premer moito tempo na entrada da lista de favoritos.
QField abre proxectos de QGIS no formato «.qgs» ou «.qgz».
QField utiliza un selector de ficheiros personalizado para abrir os proxectos. Ó escoller «Abrir proxecto» dende o menú de QField, abrirase o selector de ficheiros amosando as seguintes localizacións:
Dentro destes directorios, só se amosan subdirectorios e ficheiros coa extensión «.qgs» ou «.qgz».
QField precisa que o ficheiro do proxecto estea fisicamente no dispositivo, polo que non é posible utilizar provedores que traballen con ficheiro remotos (ex: Google Drive). Por outra banda podes utilizar aplicacións coma syncthing ou nextcloud (ou dropbox e probablemente moitas outras) que che permiten sincronizar fisicamente o ficheiro co dispositivo.
O selector de ficheiros amosa a raíz da tarxeta SD etiquetada coma de «só lectura» e o directorio específico da aplicación separado do resto da tarxeta SD, xa que é o único directorio par o cal a aplicación ten permiso de escritura. O directorio é o seguinte:
/Android/data/ch.opengis.qfield/files
Note
Tecnicamente, isto é debido ó feito de que Android tenta ACTION_OPEN_DOCUMENT e ACTION_OPEN_DOCUMENT_TREE, funciona e dá permisos de lectura-escritura ó contido do URI devolto, non no ficheiro real ligado. Esta limitación ten sentido para como se estrutura Android pero actualmente non é utilizable con QGIS xa que QField precisa acceder ó ficheiro real cunha ruta real.
Almacenando datos neste directorio, arríscase a perder datos. O directorio específico da aplicación (/Android/data/ch.opengis.qfield/) eliminarase do sistema se desinstalas QField do dispositivo Android. Isto é importante se mantén os datos na tarxeta sd Externa.
Dende Android 6.0, podes utilizar a tarxeta SD coma almacenamento interno para o teléfono Android. Unha funcionalidade chamada Almacenamento Adoptable permítelle ó SO Android darlle formato a un medio de almacenamento externo coma un almacenamento interno permanente. Os datos na tarxeta SD adoptada encríptanse e non poden montarse noutro dispositivo.
Asegúrate que comezas cunha tarxta SD baleira. Precisa estar baleira porque cando a tarxeta se converte a almacenamento «Interno», daráselle formato (borrada).
Se non reinicias o teléfono, moitas cousas poden non funcionar correctamente, así que asegúrate de facelo.
Pode ser que o Almacenamento Adoptable non estea presente no teu dispositivo aínda que funcione con Android 6.0 ou superiores. O fabricando do dispositivo poida que desactivase esta funcionalidade. Porén, existen métodos na liña de comandos que che permiten forzar ó dispositivo a adoptar un almacenamento.