Outdated documentation
The latest documentation was moved to docs.qfield.org
Tes a posibilidade de facer seguimento en liñas e polígonos.
Está dispoñible cando o GNSS está activado. Pódese iniciar unha sesión de trazado cunha pulsación longa da capa na lenda. O intervalo de tempo e a distancia mínima poden introducirse individualmente para definir cando un vértice pode establecerse.
Pode haber varias sesións de seguimento activas en varias capas. Pero só pode estar activa unha sesión de seguimento ó mesmo tempo.
A entidade trazada gárdase en cada vértice. Mentres que a sesión de seguimento estea activa a capa seguirá editable, pero a entidade trazada non poderá editarse nin borrarse ata que a sesión de seguimento volva a pararse pulsando na lenda.
Se a xeometría da capa admite o valor m, a hora almacénase no valor m, anotando a que transcorreu dende o primeiro vértice desta sesión de seguimento dende que este foi rexistrado.