Outdated documentation

The latest documentation was moved to docs.qfield.org

Plugin QFieldSync

O plugin QFieldSync axuda a preparar e empaquetar os proxectos de QGIS para QField.

QFieldSync colabora coa preparación do teu proxecto automatizando o seguinte:

  • Pasos necesarios para a configuración do proxecto (por exemplo Proxecto móbil)
  • Crear un mapa base dende unha capa ráster única ou dende un estilo definido nun tema de mapa.
  • Configurar a funcionalidade de edición sen conexión e sincronizar os cambios.

Procedemento

Para obter unha vista xeral rápida do proceso, aquí hai unha lista de pasos habituais:

  1. Crear un paquete QField. Esta é unha copia funcional nun directorio separado.
  2. Copiar o paquete QField ó dispositivo de destino.
  3. Saír e recoller datos.
  4. Copiar os datos modificados de regreso ó teu ordenador de escritorio.
  5. Sincronizar os datos modificados coa túa base de datos ou ficheiros.

Instalación

En QGIS, abre a biblioteca de plugins e busca por qfield sync. Selecciona o plugin na lista e preme en Instalar.

../_images/qfield-sync_install1.png

Configuración

A configuración do proxecto gárdase no ficheiro de proxecto .qgs principal. Desta forma é posible pre-configurar un proxecto unha única vez e utilizalo repetidamente.

../_images/qfield-sync_configmenu1.png

Configuración de capa

../_images/qfield-sync_config1.png

No diálogo de configuración do proxecto, pode definirse unha acción para cada capa individualmente. Dependendo do tipo de capa, hai dispoñibles diferentes tipos de accións.

Copiar
Copiarase a capa ó directorio de empaquetado. Só dispoñible para capas baseadas en ficheiros.
Sen acción
A fonte da capa quedará intacta. Só está dispoñible para capas non baseadas en ficheiros como WMS, WFS, Postgis…
Edición Sen Conexión
Copiouse unha copia funcional da capa no directorio de empaquetado. Rexístrase cada cambio que se fai no proxecto empaquetado durante o traballo nun rexistro de cambios. Cando máis tarde se sincronizan os cambios, reproducirase este rexistro e aplicaranse tódolos cambios á base de datos principal. Non hai conflito ó manipular no lugar.
Eliminar
Eliminarase a capa da copia funcional. Isto é útil se unha capa se usa na capa base e non estará dispoñible no proxecto empaquetado.

Configuración do mapa base

Un mapa base é unha capa ráster que se engade como a capa máis ó fondo do ficheiro do proxecto empaquetado.

Se a opción de mapa base está activada, representarase un mapa base, sempre que o proxecto estea empaquetado. A área de interese - a extensión que será representada - escollerase no momento do empaquetado.

Hai dúas posibles orixes para un mapa base:

Capa
Unha capa ráster. Isto é útil para tomar unha copia sen conexión dunha capa en liña como un WMS ou para tomar unha copia funcional dun formato non admitido como unha capa ECW ou MrSID.
Tema de Mapa
Un tema de mapa. Isto é útil para crear un mapa base baseado nunha combinación de varias capas con estilo. Estas capas poden eliminarse do paquete funcional e non precisan representarse no dispositivo. Isto pode aforrar algún espazo no disco e batería no dispositivo.

O tamaño da tesela define a resolución espacial. Determina o número de unidades de mapa por píxel. Se o SRC da vista do mapa ten metros como unidades e o tamaño da tesela se establece a 1, cada píxel do ráster terá unha extensión espacial de 1x1 m., establecéndose a 1000, cada píxel do ráster terá unha extensión espacial de 1 quilómetro cadrado.

Configuración da edición sen conexión

Se está marcado sincronizar só entidades da área de interese, só as entidades que estean dentro da extensión da vista do mapa no momento do empaquetado serán copiadas á copia funcional de edición sen conexión.

Paquete para QField

Unha vez estea configurado o proxecto, empaquétao nun directorio. Este directorio conterá o .qgs e os datos usados nel.

../_images/qfield-sync_package3.png

Copia o directorio no teu dispositivo. Abre QField, abre o proxecto e comeza a capturar datos.

Asegúrate de gardar o proxecto de QGIS utilizando o habitual Gardar Coma de QGIS xa que terás que abrilo de novo máis tarde cando queiras sincronizar os cambios.

Sincronizar dende QField

Cando queiras sincronizar o que capturases, abre de novo o proxecto en QGIS (o que gardaches co habitual Gardar Coma).

Copia o directorio do proxecto dende o teu dispositivo ó ordenador e utiliza o menú Sincronizar dende QField para sincronizar os cambios dende o proxecto portable ó proxecto principal.

../_images/qfield-sync_sync1.png

Asegúrate de sincronizar os teus datos só unha vez. Isto significa, que se saes de novo a capturar datos, debes crear previamente un novo paquete de QField para evitar problemas de sincronización máis tarde (como por exemplo duplicados)