Outdated documentation

The latest documentation was moved to docs.qfield.org

Colección de Datos de Verificación do Terreo Usando QField para o cartografado do LULC en Fidxi

Por Kevin Davies, Escola de Xeociencias, Universidade de Sydney

Finalidade

As comunidades de Fidxi dependen dos recursos da paisaxe para as actividades relacionadas coa agricultura e a silvicultura. O cartografado preciso e os patróns de seguimento do uso do solo e da cobertura do terreo (LULC) ó longo do tempo a unha escala axeitada é importante para informar á xestión da paisaxe, políticas e desenvolvemento sustentable intelixente para o clima.

O Ministerio de Silvicultura de Fidxi está a desenvolver de forma colaborativa unha proposta xunto coas Universidades de Sydney (USYD), Australia Occidental (UWA) e a do Pacífico Sur (USP) para producir un mapa LULC inter-anual usando datos do satélite Sentinel-2, e ferramentas xeo-espaciais dispoñibles de forma libre. QField úsase para capturar datos de verificación do terreo no campo para adestramento e validación do mapa LULC.

Procedemento

  1. A colección de verificación do terreo do LULC foi deseñada en QGIS.
  2. Xerouse un conxunto predeterminado de localizacións de puntos de verificación do terreo baseadas na estratificación dos datos do satélite dentro da área de estudo.
  3. O formulario, as parcelas predeterminadas e as capas de fondo sen conexión apropiadas empaquetáronse en QGIS e logo cargáronse en cada unha das tabletas utilizadas polo equipo de campo (Figura 1).
  4. Un membro do equipo navegou ata unha parcela predeterminada en QField e creou un punto de verificación do terreo na localización e etiquetou o punto coa clase LULC predeterminada máis apropiada (Figura 2).
  5. Os datos recollidos das tabletas combináronse nunha única colección de datos de verificación do terreo en QGIS.
  6. A interpretación de imaxes utilizando a plataforma OpenForis utilizarase para incrementar o número de puntos de verificación do terreo.
  7. A colección final de verificación do terreo importarase ó Motor de Google Earth para producir o mapa LULC e calcular a precisión do mapa.
Figure 1: Predefined Ground Truth Plots

Figura 1: Puntos de Verificación do Terreo Predeterminados

Figure 2: Capturing land cover class

Figura 2: Capturando a clase de cobertura do terreo

Resultados Preliminares e Traballo Futuro

Amósase un exemplo de mapa de cobertura do terreo preliminar na Figura 3. Un obxectivo importante do noso traballo é transferir habilidades e crear capacidade coas partes locais interesadas para continuar coa actualización do mapa LULC de forma anual, así como expandir o mapa para incluír outras comunidades, captacións e áreas forestais por todo Fidxi. Esta creación de capacidades incluirá a consulta iterativa de partes interesadas, materiais de formación en liña, obradoiros de formación no campo e na aula, e traballo de campo colaborativo.

Figure 3: Preliminary land cover map for the Ba region, Viti Levu, Fiji

Figura 3: Mapa preliminar da cobertura do terreo para a rexión de Ba, Viti Levu, Fidxi

Recoñecementos

Queremos dárllelas grazas ó equipo de campo do Ministerio de Silvicultura de Fidxi, especialmente a Viliame Tupua e Renata Varea (USP). O proxecto foi financiado polo Centro Australiano para a Investigación en Agricultura Internacional (ACIAR; ASEM/2016/101).

The Fiji Forestry/USP field team is about to collect ground truth data with QField.

O equipo de campo de Silvicultura de Fidxi/USP está a punto de capturar datos de verificación do terreo con QField.