Outdated documentation

The latest documentation was moved to docs.qfield.org

Inventarios de Vainilla utilizando QField

Por Ahi Saipaia (1), Leody Vainikolo (1), e John Duncan (2 e 3)
1 Ministerio de Agricultura, Silvicultura, Alimentación e Pesca, Goberno de Tonga
2 UWA Escola de Agricultura e Medio Ambiente, Universidade de Australia Occidental
3 Xeografía e Planificación, Universidade de Australia Occidental

Levouse a cabo un inventario de campo de plantacións de vainilla en Vava’u, unha illa exterior do Reino de Tonga, utilizando QField en maio e xuño do 2020 polo Ministerio de Agricultura, Silvicultura, Alimentación e Pesca (MAFF).

A vainilla é un importante cultivo comercial en Vava’u. O propósito do inventario era cartografar a extensión das plantacións de vainilla e obter estimacións do número de plantas de vainilla, áreas baixo cultivo da vainilla e a proporción de plantacións que eran xestionadas ou abandonadas. Esta información está a ser utilizada polo MAFF en Vava’u para planificación e toma de decisións agrícolas.

Os axentes de extensión agraria formáronse no uso de QField na plantación experimental do MAFF. Seguinte formación, un equipo de sete axentes de extensión agraria levaron a cabo o inventario das plantacións de vainilla. En total, inventariáronse 140 plantacións de vainilla. A mostraxe dos datos procesouse e visualizouse usando QGIS e unha aplicación de panel de control Shiny. QGIS permitiulle ó persoal do MAFF ver as capas de referencia dos límites da granxas en dispositivos móbiles no campo e cartografar a extensión das plantacións de vainilla dentro de cada granxa. Xeráronse os mapas das plantacións de vainilla e estadísticas resumo informando do numero de plantacións de vainilla, área total inventariada e a colleita estimada para as plantacións.

Capturar esta información utilizando QField permitiu ó MAFF identificar que áreas grandes con cultivos de vainilla estaban en condicións de abandono. Estes datos e as perspectivas xeradas deles, utilizáronse para informar a nivel nacional e para presentacións do persoal do ministerio na sede do MAFF en Tongatapu en xullo do 2020. Continuando co inventariado da vainilla, hai plans para formar ó persoal de extensión do MAFF na illa principal (Tongatapu) e outros grupos de illas para utilizar QField para inventarios de cultivos e granxas. O equipo do MAFF en Vava’u está usando actualmente QField para cartografar áreas cultivadas por grupos de labregos, os diferentes cultivos, e os problemas que os granxeiros están afrontando cos cultivos en tódolos distritos da illa. O goberno está a utilizar esta información como parte dun proceso de monitorización e avaliación de fondos asignados que apoian iniciativas de granxas e o programa de seguridade alimentaria do goberno.

Recoñecementos

O proxecto foi financiado polo Centro Australiano para a Investigación en Agricultura Internacional (ACIAR; ASEM/2016/101).

MAFF Officer, Selimoti Fetokai, doing the vanilla survey using QField
vanilla field
use_study_vanilla3

Os Axentes de Extensión Agraria, Tangaki Aloua e Selimoti Fetokai, buscando a localización exacta da plantación de vainilla antes da mostraxe do terreo.

use_study_vanilla4

Introducir datos dos atributos en QField tales como o número de plantas de vainilla e as follas de bloque e número de lote que identifican as parcelas.

use_study_vanilla5