Outdated documentation

The latest documentation was moved to docs.qfield.org

Capturar entidades

Para comezar a dixitalizar novas entidades, activa o modo Edición no menú principal (botón do lapis) e selecciona a capa na que queres engadir unha nova entidade (resaltarase a capa en verde).

collect_features

Puntos

Move o punto de mira no centro da pantalla ata a localización desexada e preme botón + na parte dereita inferior da pantalla para confirmar unha nova entidade de puntos.

Podes utilizar o botón manter centrado para forzar ó punto de mira a centrar a túa posición se tes activado o GPS.

Liñas e polígonos

Move o punto de mira no centro da pantalla ata o inicio desexado da liña ou polígono e preme o botón Máis (+) na parte inferior dereita da pantalla para engadir o primeiro nodo.

Continúa engadindo puntos para formar unha liña ou polígono premendo o botón Máis (+) cada vez que queiras engadir un novo nodo.

Preme o botón Menos (-) para eliminar o último nodo engadido.

Preme o botón Pechar (X) para cancelar completamente a creación da entidade.

Cando teñas engadido polo menos 2 nodos para unha liña ou 3 nodos para un polígono, aparecerá un botón Gardar. Preme nel para finalizar o teu deseño.

Formulario de atributos

Logo de dixitalizar unha xeometría, amosarase o formulario de atributo se non é cancelado e preguntaráselle ó usuario pola introdución de atributos na nova entidade. As caixas de verificación na dereita de cada atributo permiten ter en conta cada atributo individualmente. O formulario que aparece permite introducir valores de atributo para a nova entidade.

Lembrar os valores de atributo

Para unha rápida colleita de máis ben conxuntos de datos homoxéneos, é crucial non ter que introducir os mesmos valores de atributo unha vez tras outra. As caixas de verificación na dereita de cada atributo permiten lembrar cada atributo individualmente polo que a próxima vez que engadas unha entidade na mesma capa, estes atributos estarán automaticamente pre-cubertos.

Eliminar entidades

Só é posible eliminar entidades no modo dixitalizar

delete_features

Para eliminar unha entidade, hai que identificala primeiro mediante un pequeno toque nela. Logo, seleccionala cunha longa pulsación na lista de identificación, selecciona se queres máis entidades para eliminar e preme no botón do lixo para confirmar a eliminación.

Editar entidades

Para editar, pulsa en Botón do menú -> lapis.

Podes editar unha entidade movéndoa, engadindo ou eliminando vértices e mesmo dividíndoa.

Ferramenta de división

É posible dividir unha xeometría existente debuxando unha liña onde se deba dividir.

Ferramenta de vértices

Pódense mover e eliminar vértices das xeometrías e mesmo engadir novos vértices.

Demostración da edición de xeometrías

Unha demostración de vídeo dalgunhas posibilidades da edición:

Dixitalización á man

O modo de dixitalización á man permítelle ós usuarios “debuxar” liñas e polígonos utilizando o bolígrafo/lapis ou o rato. O modo está dispoñible para engadidos de entidades lineais/poligonais así como para a ferramenta de aneis do editor de xeometría.

O modo de dixitalización a man está activado a través dun novo botón da barra de ferramentas que aparece cando QField se establece en modo edición e se selecciona unha liña ou un polígono vectorial.

Edición Topolóxica

Se a edición topolóxica está activada no proxecto de QGIS antes de exportar a QField, os nodos compartidos das xeometrías veciñas modifícanse xuntas cando se moven / eliminan vértices e se engaden vértices adicionais a segmentos cando un novo nodo se engade dende as xeometrías veciñas.

Multi-edición

Podes facer unha selección múltiple e editar tódalas entidades ó mesmo tempo. En certos casos, pode ser moi eficiente.