Outdated documentation

The latest documentation was moved to docs.qfield.org

GNSS

Unha pulsación curta no botón do GNSS acenderá o GNSS e centrará á localización actual unha vez que a información do posicionamento estea dispoñible.

Activa o modo edición e preme no botón do obxectivo, a cruz no centro significa que está a utilizar o posicionamento GNSS.

gnss_use

Unha pulsación longa no botón do GNSS amosará o menú de posicionamento.

Dentro do menú de posicionamento pode acender a visualización do posicionamento o cal amosará as coordenadas actuais as cales son reproxectadas ó SRC do proxecto xunto coa información da precisión.

user-guide_gps

Note

Se ve información de lat/lon WGS 84 en vez de información no SRC do seu proxecto, probablemente aínda non teña sinal.

Utilizar un Receptor GNSS externo

QField admite a conexión a antenas GNSS externas vía bluetooth.

En configuración -> posicionamento, os dispositivos bluetooth emparellados poden escanearse e seleccionarse coma fontes de posición.

Asegúrate de que ningunha outra aplicación do tipo de provedores de localización simulada usando a antena bluetooth.

Localización simulada

É posible proporcionar unha localización simulada mediante unha aplicación android a QField. Hai varias opcións para isto, unha delas é `Cliente NTRIP Android<https://play.google.com/store/apps/details?id=com.lefebure.ntripclient>`_.

Para empregar isto tes que activar localizacións simuladas no teu dispositivo Android.

Alta precisión da mostraxe e calidade dos metadatos

Para máis información de como configurar unha elevada precisión das medidas e engadir metadatos de indicación da calidade para as entidades capturadas, mirar a correspondente documentación GNSS.