Outdated documentation

The latest documentation was moved to docs.qfield.org

Estilo e configuración do mapa

A maioría dos axustes que ofrece QGIS son admitidos directamente por QField sen ningún esforzo extra.

Estilo

Toda a configuración de estilo de QGIS admítese directamente por QField. Isto inclúe tódolos tipos de representación como graduado, por categorías, baseado en normas, 2.5D así como a simboloxía definida polos datos.

Amosar Expresión

En QField, os obxectos identifícanse cun nome. A expresión para xerar este nome pode definirse abrindo a táboa de atributos e QGIS e alternar á vista de formulario. Escolla alí o campo apropiado ou unha expresión na lista. Comezando dende QGIS 3, isto pode facerse directamente dende a páxina Propiedades de Capa Vectorial ‣ Visualizar.

A expresión amosar tamén se utiliza para buscar nas capas.

Define display expression

A expresión visualizada utilizarase para representar entidades cunha cadea de identificación en QField.

Capas de só lectura, non identificables e consultables

Algunhas capas nun proxecto só están aí por motivos puramente visuais. Estas capas non deben amosarse cando un usuario pulsa nalgún lugar para identificar obxectos.

Algunhas outras capas serven como fonte de información e non se deben modificar polo usuario. É posible protexer capas da edición de atributos ou de engadir e eliminar entidades.

Tamén é posible configurar que capas son consultables.

Para configurar a identificación, o comportamento de só lectura e de consulta, vai á páxina Proxecto ‣ Propiedades do Proxecto ‣ Identificar Capas e activa as celas para que coincidan co comportamento desexado.

Identify and readonly configuration

Configuración de capas que non serán identificables, non modificables e/ou non consultables.

Autoaxuste

Ó dixitalizar novas entidades, os novos puntos poden axustarse ás xeometrías existentes.

Toda a configuración pode facerse en Proxecto ‣ Configuración de Autoaxuste (Configuración ‣ Configuración de Autoaxuste en QGIS 2.x).

Tipos de Autoaxuste

É posible autoaxustar novos puntos

  • só a nodos de xeometrías existentes
  • só a segmentos de xeometrías existentes
  • a nodos e segmentos de xeometrías existentes

Autoaxuste a capas

É tamén posible autoaxustar só a unha ou a algunhas capas.

Tolerancia de autoaxuste

A tolerancia do autoaxuste pode especificarse en unidades do mapa ou píxeles.

En case calquera caso, as unidades deben establecerse a píxeles. Tivemos boas experiencias cun valor de tolerancia de 20.

Coordenadas 3D

Os dispositivos GPS son capaces de medir a altitude próxima á posición 2D actual na superficie da terra. Esta información pode ser gardada