Outdated documentation

The latest documentation was moved to docs.qfield.org

Uso de QField no contexto do traballo da colección de datos de verificación do terreo de mosquitos transmisores de malaria

Por Paul Taconet, Enxeñeiro SIX, Instituto Francés de Investigación para o Desenvolvemento Sustentable (IRD) 11-12-2018

Obxectivos e restricións de campo :

Para un traballo de investigación con foco na mellora do coñecemento no ambiente dos mosquitos que transmiten a malaria, o Instituto de Investigación Francés para o Desenvolvemento Sustentable precisaba xerar un mapa de cobertura do terreo de dúas áreas rurais en África, unha en Burkina Faso e outra en Costa de Marfil. Utilizáronse dúas imaxes de satélite (Spot 6 a 1,5 metros de resolución espacial) coma entrada dunha clasificación de imaxes baseada en obxectos supervisada para este traballo. O método supervisado implica a recolleita de parcelas de verificación do terreo, é dicir, localización e xeorreferenciación dun conxunto de parcelas de cada clase de cobertura do terreo no campo, preferentemente espallado sobre tódalas áreas de estudo. Ámbalas áreas teñen 50 km2 de ancho e a súa natureza (sabanas e áreas rurais, onde as estradas son principalmente pistas estreitas de arxila) implica moverse en motocicleta ou a pé. Ademais, un podería perderse rapidamente no labirinto de pistas rurais en ausencia dun mapa. De aí que necesitaramos un equipamento lixeiro e moi transportable, así como unha forma para explorar facilmente a área sen perderse.

Preparación do proxecto

Creamos un proxecto de QGIS coa imaxe Spot e unha capa para capturas os datos do terreo. Primeiro convertemos a imaxe Spot a un ráster Geopackage, e construímos as pirámides para obter unha representación rápida en QField. A imaxe enteira (50 km2 a 1,5 m de resolución espacial con tres bandas) pesaba aproximadamente 800 MB, o cal nos permitía cargala na tableta sen precisar engadir ningunha memoria extra.

Creamos unha capa vectorial para trazar as parcelas de verificación do terreo (é dicir, polígonos de parcelas de cobertura do terreo). Contén un campo para identificar o tipo de cobertura do terreo, algúns campos para tomar fotos e un campo para eventuais notas adicionais.

Actualizamos entón o proxecto de QField á tableta.

Traballo de campo

No campo, fomos capaces de movernos facilmente en motocicleta sen perdernos, grazas á localización amosada en QField coas imaxes satélite como fondo. Cando unha parcela de interese se identifica, podemos debuxar o seu perímetro en QField e facilmente cubrir a información apropiada na táboa de atributos (tipo de cobertura do terreo, imaxes). Cando dubidamos do tipo de cobertura do terreo para atribuílo a unha parcela indicada, podemos, «en vivo» (é dicir, no terreo), mirar rapidamente ás parcelas procesadas previamente e comparalas coa parcela de interese (coas fotos e as imaxes de satélite).

Fomos capaces, sen ningún esforzo extra ó final de cada día de traballo de campo, de ver o progreso do traballo: coas pezas da área de estudo que abarcamos, co restante por explorar, cantas parcelas temos para cada clase de cobertura do terreo e cantas restan por procesar. Isto é moi considerable en tales condicións, onde o traballo pode ser comprobado e as noites poden ser curtas. De volta na oficina, non tivemos que realizar traballos lentos e esixentes tales coma a dixitalización das parcelas dende a tradicional capa de puntos GPS, ligando as fotos á capa de cobertura do terreo, etc., o cal tradicionalmente levaría días de traballo.

3 land cover parcels that were digitalized on the ground Getting back to one parcel: which information was collected Digitalizing a new parcel and filling the attribute table On the field work using Qfield