Outdated documentation

The latest documentation was moved to docs.qfield.org

Configuración do Formulario de Atributos

QField crea formularios de forma similar, pero non igual a QGIS.

Eliminar Formulario de Atributos

A configuración «eliminar formulario de atributos» aplícase directamente ó formulario de QField.

Widget de campo

Os widgets de campo de QGIS están dispoñibles en base ó mellor esforzo.

Tipo de widget Asistencia Notas
Edición de texto
  • O HTML non está admitido
  • Aplícase a introdución numérica en función do tipo.
Caixa de selección  
Mapa de valores  
Oculto  
Anexo Este campo combínase coa integración da cámara. Tamén é posible abrir outros ficheiros coma pdf e doc (se o usuario ten o visor apropiado) Anexo (configuración da foto)
Data Hora  
Referencia da Relación  
Widget de Relación  
Relación de Valores  
Outros faino_medrar

Widget de Relación

Para máis información ir ó capítulo de relacións da `Documentación oficial de QGIS<https://docs.qgis.org/3.4/en/docs/user_manual/working_with_vector/attribute_table.html#creating-one-or-many-to-many-relations>`_.

../_images/relation_editor_widget_list.png

O widget de relación amosa tódalas entidades fillas referenciadas nunha lista. É posible engadilas, eliminalas ou abrilas.

A identificación visual das entradas da lista faise en «Amosar Expresión» na capa filla.

Manexo das claves

Dado que as claves primarias das principais se usan coma claves foráneas nas entidades das capas fillas referenciadas, estas claves primarias deben gardarse para utilizar mesmo despois da sincronización ós datos orixinais. Polo tanto, recomendamos utilizar valores estables tales coma UUIDs para claves primarias.

Xa se poden engadir entidades fillas dende unha principal que está a piques de ser engadida. Esta posibilidade bloquearase se non hai unha clave primaria na capa principal ou se as restricións non se cumpriran. No caso de que se cancele a adición da entidade principal logo de que xa se engadisen algunhas fillas, as entidades fillas tamén se eliminarán.

Relacións Moitos-A-Moitos

Nas relacións moitos-a-moitos, de acordo coa configuración da cardinalidade nas Propiedades da Capa Vectorial de QGIS, a adición, eliminación ou apertura dunha entrada na lista faise directamente na capa filla (na cardinalidade directa) ou na táboa de ligazóns (na cardinalidade moitos-a-un).

O segundo caso utilízase usualmente cando hai información adicional da relación (ex: porcentaxe) na táboa de ligazóns.

../_images/relation_widget_cardinality.png

No caso da cardinalidade moitos-a-un en relacións moitos-a-moitos, Amosar Expresión precisa configurarse na táboa de ligazóns.

Anexo (configuración da foto)

O widget de tipo «Anexo» utilízase con campos que almacenan a ruta ós ficheiros.

Pode empregarse para:

  • tomar e amosar fotos
  • amosar ligazóns a ficheiros externos coma pdf ou documentos
Attachement field settings

A ruta debe establecerse como relativa. As imaxes, pdf e doc almacénanse nun subdirectorio do proxecto, a onde apunta a ligazón que se almacena no campo de texto.

En QField a foto é amosada. Premendo no símbolo da cámara a cámara ponse a funcionar para actualizar a imaxe cunha nova foto.

Picture in QField

Para a sincronización o subdirectorio coas imaxes, pdf e doc tamén ten que copiarse.

A opción «hipervínculo» do widget de anexo desactivará a funcionalidade da cámara e activará o hipervínculo para abrir un documento (pdf, doc, …).

hyperlink_option

Relación de Valores

O widget «Relación de Valores» ofrece valores dunha táboa relacionada nunha caixa combinada. Podes seleccionar capa, columna chave e columna de valor. Hai varias opcións dispoñibles para cambiar o comportamento estándar: permitir valor nulo, ordenar por valor e permitir seleccións múltiples. O widget amosará unha lista despregable ou de selección múltiple das entidades referenciadas.

value_relation_widget

Formularios do deseñador arrastrar e soltar

Admítense os formularios de Grupos e Lapelas do deseñador Arrastrar e Soltar.

Visibilidade condicional

Pódense ocultar os grupos en base a unha expresión. Isto é útil cando certos atributos se precisan só baixo certas condicións. Como exemplo imaxina un mapa de árbores. Algúns deles poden ter unha enfermidade e ti tes unha lista de posibles enfermidades. Para non liar o formulario con demasiados campos, crea un grupo e configura unha expresión de visibilidade para un grupo «enfermidades». Engade un campo «enfermidade» cunha caixa de verificación. Só cando a caixa de verificación estea marcada, a lista de enfermidades será visible para o usuario.

Conditional visibility configuration

Configuración dunha caixa de grupo que só se amosará se a caixa de verificación «tomar_medidas» está marcada.

Vexamos o que temos no campo:

Restricións

Os campos de atributo poden ter ligadas restricións. As restricións son expresións que precisan avaliarse a Certo (ou 1) para poder gardar o formulario. As restricións configúranse por en base a un campo e pode engadirse unha descrición que se lle amosará ó usuario se a restrición non é satisfeita.

Constraint configuration

Configuración dunha restrición dentro dun rango

Casos comúns de uso

Non pode introducir un valor de elevación maior que a montaña máis alta neste país.

"elevation" < 5000

Precisa encher cun identificador.

"identifier" IS NOT NULL

Valores predeterminados

Os campos poden ter valores predeterminados configurados. Os valores predeterminados se introducen no formulario de atributos cando se dixitaliza unha nova entidade. Son visibles ó usuario e poden modificarse en tanto o campo sexa editable. Poden basearse en variables de xeometría ou expresións.

Default value configuration

Configuración dunha data con formato como valor predeterminado

Variables adicionais

For more information regarding storing information related to your position in object attributes, refer to the deticated GNSS documentation.

Casos comúns de uso

Inserir información da posición como variable:

@position_horizontal_accuracy

Introduce a data e a hora actuais:

now()

Introduce a lonxitude da liña dixitalizada:

length($geometry)

Configura as variables globais no dispositivo e introdúceas.

@operator_name

Se queres asignar un código de rexión baseado na localización onde se insire unha nova entidade, podes facelo empregando unha expresión agregada:

aggregate( layer:='regions', aggregate:='max', expression:="code", filter:=intersects( $geometry, geometry( @parent ) ) )

Para transformar as coordenadas recibidas dende @position_coordinate ó sistema de coordenadas do proxecto:

x(transform(@position_coordinate, 'EPSG:4326', @project_crs ))
y(transform(@position_coordinate, 'EPSG:4326', @project_crs ))

If you want to use the snapping results after drawing a line, you can use the @snapping_results variable. The following code extracts the value of the attribute id of the snapping match of the first point of a line.

with_variable(
  'first_snapped_point',
  array_first( @snapping_results ),
  attribute(
    get_feature_by_id(
      @first_snapped_point['layer'],
      @first_snapped_point['feature_id']
    ),
    'id'
  )

)

Editable

Respéctase a marca de editable dos campos.

Lembrar os últimos valores

QField ofrece un control máis refinado sobre os últimos valores usados e ignora a configuración de QGIS.

Auto-complete value

The “Use completer” checkbox must be checked to be able to use the auto-complete in the value relation.

../_images/autocomplet_form.png

Here a video showing how it works on QField Search in value list.