QField - a solución [Q]GIS móbil

QField permíteche traballar eficientemente nos teus datos SIX de campo.

QField é unha interface de usuario optimizada que agocha toda a potencia de QGIS baixo o capó.

Conceptos

QField deseñouse cuns poucos conceptos clave en mente.

Non complicalo

Os requisitos no campo non son os mesmos que nun escritorio. A pantalla é máis pequena, os dispositivos de introdución son diferentes e as tarefas tamén son diferentes.

QField ten o obxectivo de axudar ó usuario a realizar as tarefas que necesite facer sen saturar a interface de usuario. Isto significa que só estean dispoñibles na interface as ferramentas que se precisen no traballo de campo. Calquera cousa a maiores non estará.

Isto significa que todo como o estilo de capa, definicións de formulario e outros pasos de configuración do proxecto deben facerse nun ordenador con QGIS previamente instalado.

Compatibilidade con QGIS

QField baséase en QGIS. Non é unha reconstrución de QGIS porque realmente fai uso das librerías de QGIS. O motor de renderización é exactamente o mesmo que no QGIS de escritorio e polo tanto o seu proxecto parecerá o mesmo no dispositivo móbil tal e como o fai no seu ordenador.

Se algo xa está dispoñible como unha opción de configuración nun proxecto de QGIS, non debe entón reinventarse. QField polo tanto usa os mesmos widgets que usa o QGIS de escritorio. Se un proxecto xa está configurado para o escritorio, debe funcionar tamén no dispositivo móbil.

Lembra, isto é só o concepto. Isto é o que temos en mente cando facemos QField. Non significa que xa estea aí completamente todo.

Baseado en modos

QField creouse con modos. Os modos son similares a unha ferramenta de mapa no QGIS de escritorio. Un modo define a tarefa que un usuario está a realizar actualmente. Un usuario tanto está navegando polos datos como está dixitalizando algo novo.